Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un proxecto da USC contra o cancro bate o récord de doazón cidadá
101.466 euros. É a cantidade que en apenas un mes logrou recadar, grazas a achegas individuais de particulares e empresas, o grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para desenvolver o seu proxecto de biopsia líquida, un novo e revolucionario tratamento para o diagnóstico e tratamento personalizado do cancro que pasa pola detección temperá da enfermidade mediante unha simple análise de sangue. Aínda quedan dous meses para que os cidadáns poidan participar coas súas doazóns na campaña de micromecenazgo, á que se pode acceder a través da plataforma web www.oncomet.es, xa que o obxectivo final é lograr 500.000 euros. Pero, só coa cantidade que se obtivo ata o momento, a iniciativa xurdida e impulsada desde Galicia entrou na historia da investigación biomédica. É, con moita diferenza, a maior cantidade que xamais se recadou en España mediante crowdfunding para o financiamento cidadán dun proxecto científico.
Ata o momento, o proxecto que conseguira máis fondos era un promovido pola Universidade de Valencia para a mellora do diagnóstico de tumores infantís por bioimagen, que logrou 33.070 euros dentro da plataforma Precipita, que promove a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt), que depende do Ministerio de Economía e Competitividade. Existen outras canles xeneralistas nos que tamén teñen cabida campañas para o financiamento da ciencia a través de doazóns de particulares, pero tampouco superaron os 100.000 euros que xa obtivo Oncomet. «A maioría das achegas, máis de mil, proceden de cidadáns particulares, aínda que esperamos que as empresas tamén empecen a colaborar», explica Rafael López, o responsable do grupo de Oncoloxía Médica Traslacional. López recoñece que o obxectivo de recadar 500.000 euros é «moi ambicioso» e dúbida, a pesar da positiva resposta que están a ter, se o poderán lograr. Pero entende que se o cancro «é un problema importante, a resposta social tamén ten que selo».

López entende que a reacción cidadá non só hai que medila en función do diñeiro que se poida conseguir, senón tamén na mobilización e concienciación da sociedade cara a un tema sanitario tan grave como é o cancro. E, neste sentido, explica que os resultados que se están logrando son máis satisfactorios aínda. Hai colexios nos que os nenos organizaron actividades para recadar fondos que se doarán a Oncomet ou que preparan festivais benéficos co mesmo fin. Tamén hai orquestras que preparan galas solidarias ou iniciativas como o cocido que se preparará este fin de semana na Estrada e cuxos beneficios se destinarán ao proxecto de biopsia líquida. Algunhas destas actividades celebraranse despois de que conclúa a campaña de Oncomet, dentro de dous meses, pero o diñeiro irá ao mesmo fin.

«Mobilizamos á xente e penso que, máis neste sentido que na propia recadación de fondos, pódese dicir que si fixemos historia», destaca Rafael López.

O proxecto de mellora do diagnóstico de tumores infantís por bioimagen era ata o momento o que lograra unha maior recadación en España para o financiamento da ciencia mediante a colaboración cidadá. Logrou 33.070 euros, pouco máis que os 32.198 que se lograron para apoiar a procura do xene responsable da síndrome de Opitz C, unha iniciativa impulsada pola Universidade de Barcelona. O resto dos proxectos amparados pola plataforma Precipita, da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía, obtiveron menos de 30.000 euros. Un dos de maior éxito foi un do Inibic da Coruña, que conseguiu 14.115 euros.






Sara Araújo Sánchez, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-02-2017 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal