Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Denuncian a presenza dun kamikaze na AP-9 á altura de Pontedeume
Un condutor denunciou que na tarde deste sábado, ao redor das 23.36 horas, cruzouse cun kamikaze cando viaxaba polo quilómetro 21 da autoestrada AP-9 en dirección a Ferrol, á altura de Pontedeume, xusto despois do túnel de Campolongo.

O condutor que circulaba en sentido contrario cara a Guísamo viaxaba, segundo a mesma persoa, nun Mercedes de alta gama e antigüidade media, de cor azul, gris escuro ou negro.

Despois de cruzarse con el e ao estar a liña do 112 saturada, optou por achegarse ata a peaxe de Vilar do Colo, en Fene, onde o peajista, que xa fora alertado por outra persoa, púxose en contacto cun responsable. Con todo, a Garda Civil de Tráfico non tiña constancia esta mañá do sucedido.

Trátase dun habitual da AP-9 que viaxaba con tres acompañantes no coche. Os catro vírono e non advertiron ningún intento por parte do kamikaze de impactar cos vehículos.





Carlos Sánchez Cao, 1ºBac
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2017 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal