Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

FEIJOÓ CONFÍRMALLE AO ALCALDE DE OURENSE QUE A PRIMEIRA FASE DE AMPLIACIÓN DO HOSPITAL PÚBLICO DE OURENSE ESTARÁ REMATADO NESTE CUATRIMESTRE
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmoulle hoxe ao alcalde da cidade das Burgas, Jesús Vázquez, que neste cuadrimestre estará rematada a primeira fase da ampliación do Hospital público de Ourense, que permitirá poñer á disposición dos veciños un 15% máis de camas, chegando ás 930, concentrar todas as unidades nun único edificio e co 60% das novas habitacións individuais. Unha vez rematado o traslado, comprometeu continuar coa seguinte fase, que comeza pola remodelación do Edificio de Cristal, no que se atopan os servizos centrais, e continúa coa construción dun novo edificio de consultas.
Durante o encontro de traballo, Feijóo trasladou tamén o interese de que nas vindeiras semanas o Concello remate os trámites urbanísticos para poder abrir o centro de saúde do Couto, xa rematado despois dun investimento de máis de 3 millóns de euros.

Eva Muñiz 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2017 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal