Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre Macià Maneira, histórico militante independentista
Macià Maneira i Roscar, nacido en Montuïri en 1962, faleceu este sábado aos 54 anos. Histórico militante independentista, colaborou co Moviment de Defensa da Terra e con Catalunya Lliure. No ámbito municipal, figurou como suplente nas listas do Partit Socialista de Mallorca (PSM) nas eleccións municipais de 1987 no seu pobo natal.
Maneira, albanel de profesión, foi detido o 21 de abril de 1989 por pertencer á organización armada Terra Lliure, así como por tenencia de explosivos e temporizadores na leira de ses Rotes. Atoparon tres cartuchos de Goma-2, tres temporizadores electrónicos, tres inhibidores de presión, tres interruptores e mecha longa, entre outros obxectos. Foi encarcerado e cumpriu tres anos de prisión en centro de Madrid e Lleida. Salío en 1992.
A detención de Maneira, que en 1987 foi brigadista internacional en Nicaragua, provocou a creación do Comitè de Solidaritat amb Macià Maneira, un colectivo que mediante a organización de actos reivindicou a súa posta en liberdade no seo dunha Illa que acolleu con sorpresa e tamén oposición a noticia.

Ana Ramos 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-01-2017 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal