Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un menor agride con arma branca a dous compañeiros de clase en Alacante
Un mozo de 17 anos foi detido hoxe en Villena (Alacante) tras supostamente agredir cunha arma branca a dous compañeiros de clase nun instituto deste municipio, segundo informaron fontes da Garda Civil.
As mesmas fontes sinalaron que todos os feridos son leves e que se investigan as causas do suceso, ocorrido sobre o nove da mañá cando os alumnos atopábanse en clase nun centro de Secundaria.
A investigación descarta polo momento que o móbil do suceso sexa unha cuestión sentimental. O mozo, detido no posto da Garda Civil de Villena, ten un currículo académico «brillantísimo» e que, aínda que apuñalou en primeiro lugar a unha compañeira moza, non hai antecedentes de que fosen parella antes ou que o fosen na actualidade.
En cambio, o relato de compañeiros apunta a que o presunto agresor recibira no pasado bromas polas súas boas cualificacións no instituto, aínda que se descoñece si esta situación puido ser o desencadeamento das agresións.


Aínda que as clases comezaron ás 8 horas, o detido non acudiu á primeira hora e si se presentou no instituto As Fontes no cambio da primeira materia á segunda, ás 9, momento no que propinou as puñaladas.

Alba Osorio 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2017 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal