Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Santiago en defensa do sistema público de pensións
Consideran que este é "perfectamente viable" se se poñen en marcha unha políticas laborais "distintas"
Unhas 2.000 persoas manifestáronse este sábado pola mañá na capital galega en defensa do sistema público de pensións, pois consideran que este é "perfectamente viable" se se poñen en marcha unha políticas laborais "distintas".

Así defendeuno o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, quen subliñou, xusto antes de iniciar a marcha dende a Alameda compostelana, que o sistema público de pensións é un dereito fundamental da cidadanía.

Encabezada pola pancarta 'Na defensa dos nosos dereitos', a manifestación partiu minutos despois das 12,00 horas da Alameda de Santiago, dende onde percorreu o centro da cidade para finalizar o seu camiño na Praza de Praterías.

Os manifestantes entoaron múltiples consignas, como 'O público é servizo e o privado beneficio', 'Na Galiza, emprego digno' e 'Feijóo, presidente, demostra quen es axudando á túa xente', entre moitas outras. Ademais, na marcha participaron varias organizacións e colectivos, como a CIG, o BNG, Galiza Nova, Causa Galiza, a Plataforma de emigrantes retornados e a asociación de exmariños noriegos Long Hope, entre outros.

Todos eles solicitaron un sistema público de pensións, así como un traballo "de calidade" e un salario "digno". A este respecto, o secretario xeral da CIG lamentou que a "precarización" do mercado laboral pon "en risco" os ingresos da Seguridade Social. Non obstante, defendeu que, "ata onde non cheguen os recursos da Seguridade Social, hai que responder con orzamentos públicos".








Lucía Gómez Cibeira, 1ºBac.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2017 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal