Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Investigadores españois crean unha bioimpresora en 3D de pel humana
Un equipo de investigadores españois desenvolveu un prototipo de bioimpresora en 3D que fabrica pel humana "totalmente funcional". Esta pel "é apta para o transplante e tamén pode usarse na investigación e testeo de produtos cosméticos e farmacéuticos", tal e como explica José Luis Jorcano, profesor do departamento de Bioingeniería.

A gran vantaxe da impresora é que permite crear pel dunha forma automatizada e estandarizada, co que se mellora a reproducibilidad do proceso. Ademais, tamén fai posible que se abaraten significativamente os custos de producción.
Actualmente, a produción de pel para o uso en investigación ou na atención, por exemplo, de grandes queimados, realízase de forma manual. Tómase unha mostra de tecido a través dunha biopsia; despois estas células cultívanse durante unhas semanas ata que se consegue a rexeneración da pel necesaria.

A maior escala e dunha forma máis automatizada, a bioimpresora permite replicar a estrutura natural da pel, cunha capa externa, a epidermis, xunto a outra máis profunda, a dermis.

Actualmente, o desenvolvemento atópase en fase de aprobación por distintas entidades regulatorias europeas "para garantir que a pel producida sexa apta para a súa utilización en transplantes a pacientes con queimaduras e outros problemas na pel", pero os creadores esperan que "en poucos meses o produto poida estar xa no mercado", apunta Alfredo Brisac, conselleiro delegado de BioDAn Group.






Laura Feijoó González, 1ºBac
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-01-2017 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal