Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un home protagoniza na Coruña unha persecución de película tras ameazar aos veciños cun machete.


Oito patrullas da Policía Local da Coruña mobilizáronse o xoves á mañá para deter a un home que provocou un caos de circulación no seu coche e ameazou a veciños cun machete por varias rúas da cidade. O arrestado, que se atopa en comisaría, foi capturado tras unha persecución na zona da praza de Ourense despois de que o condutor dunha furgoneta obstaculizase o seu paso mentres fuxía dos axentes.
Os incidentes comezaron en Monte Alto, onde o home conduciu en dirección contraria e subiuse á beirarrúa. Algúns veciños increpáronlle polo seu comportamento e o home reaccionou cun machete que extraeu do seu coche, aínda que sen ferir a ninguén. Alertados polos veciños, os axentes do 092 mobilizáronse e perseguiron ao condutor, que tentou atropelar aos policías, por varias rúas do centro urbano ata neutralizalo na praza de Ourense.



Sara González Belloso, 4ºE.S.O. – B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 19-12-2016 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal