Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A forza acompáñaa.

Esta vez parece que si, que o sumando á saga inaugurada por George Lucas en 1977 con Star Wars IV: Unha nova esperanza foi capaz de encandear á lexión mundial de warsies (así lles chaman, fronte aos trekkies da súa competidora Star Trek), de convencer pola súa honestidade á crítica (salvo folclóricas excepcións) e de anticipar que Disney parece elixir a mellor senda. Para quen nos pillou crecidiños a irrupción da nave Halcón Milenario cos seus ilustres tripulantes e os seus nobres obxectivos fronte ao Imperio e o malvado Darth Vader, é outra a lectura do impactante aporte de Lucas ao cine fantástico e ao espectáculo en xeral. O que fose avantaxado tutelado de Coppola a finais dos sesenta irrompía na industria de Hollywood para convulsionar os cimentos da gran pantalla. A aquela seguiríanlle O imperio contraataca (1980) e O retorno do Jedi (1983), con Lucas á marxe da dirección, pero confirmando o acerto. O ocorrido desde entón, aínda mantendo intactos os seus valores primixenios, poucas veces logrou unanimidades, incluíndo a J.J.Abrams e o seu Star Wars: o espertar da forza (2015).

Ambientada entre os episodios III e IV, Rogue One recupera parte daquel encanto case naíf das entregas oitenteras, tanto na dirección de Arte (agora incorporados os avances en CGI) como no ton e nas secuencias de acción (ata resultan chulas as batallas...). Si a iso sumamos o feliz avatar do gran Peter Cushing (falecido en 1944), recuperado como Gran Moff Tarkin (e outro máis que non dicimos para evitar spoiler), e ata a entrañable nave Halcón Milenario, o festín faise completo e a forza acompaña a esta nova volta de torca. O Imperio pon en marcha a siniestra aniquiladora Estrela da Morte e un grupo de rebeldes liderados por Jyn Erso propóñense destruíla. A partir de aí o festín está servido, que 200 millóns de dólares dan para moito. Sen dúbida, esta vez a Forza acompaña ao resultado.


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal