Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dúas persoas feridas en senllos accidentes en Lalín e Ponte Caldelas, unha nun atropelo e outra ao caer por un terraplén.
Segundo indicou o CAE 112 Galicia, un equipo médico a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago acudiu a Lalín para atender a unha persoa atropelada. O accidente produciuse ás 14,45 horas na entrada da zona peonil e os axentes do 112 Galicia pediron a axuda dos Bombeiros de Ou Deza e dos membros do GES de Lalín. CAE POR UN TERRAPLÉN Doutra banda, un coche caeu por un desnivel duns 10 metros de altura na estrada de Ponte Caldelas a Pontevedra. A posición na que quedou o vehículo, boca abaixo e nun terreo empinado, impedía ao condutor saír, así que tiveron que intervir os Bombeiros de Pontevedra. O CAE 112 Galicia rexistrou o sinistro ao redor das 17,00 horas tras a chamada de auxilio dun veciño. Deseguido, os xestores do CAE 112 Galicia informaron as forzas da orde, aos servizos sanitarios de urxencia e aos efectivos de rescate. Cando chegaron os bombeiros ao lugar do accidente, atoparon ao condutor no fondo dun terraplén profundo e difícil de transitar. Así, axudaron a trasladar ao ferido ata a ambulancia.


Sara Fernández Fernández, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal