Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Centro Dramático Galego produce a primeira obra de Valle-Inclán traducida ao galego.
De «feliz coincidencia» calificou o conselleiro de Educación a liberación dos dereitos de traducción da obra de Ramón María del Valle-Inclán, porque permite engarzar a programación do 2017 do Centro Dramático Galego coa celebración do 150 aniversario do nacemento dun dos «máis grandes fillos de Galicia». Porque o CDG dedica a este autor a súa produción propia e estreará o próximo 31 de marzo a primeira obra traducida ao galego do creador do esperpento. Tito Asorey e Marta Pazos dirixirán dúas das pezas que conforman a triloxía Martes de Carnaval: As galas do defunto e A filla do capitán.

«Tiña claro con quen me apatecía traballar Valle», explicou a directora do CDG, Fefa Noia, que chamou a Tito Asorey e Marta Pazos, cos que levaba traballando dende antes do verán na escolla dos textos. «Hai que ter en conta sempre a sensibilidade do director, porque é un artista máis no proceso» e debe ter capacidade de decisión. A responsable do centro dramático no deu máis detalles sobre en que consistirá a montaxe, pero si adiantou que Manolo Cortés será o encargado da tradución, «un piar moi esencial desde Valle no Centro».

Por que só dúas das tres pezas da triloxía? «Nun mundo utópico eu querería realizar unha produción que cubrise prácticamente a obra íntegra de Valle e poder desenvolver tres ou catro producións ao longo do ano». Pero Fefa Noia recoñeceu que «non sería asumible orzamentariamente falando nin medindo as forzas do teatro mesmo»e por iso se escolleron esas dúas pezas.


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal