Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O país dos 2 millóns de «smartphones»
A cobertura 4G en Galicia supera o 94 % da poboación e dispara o número de terminais
Galicia subiuse ao tren da sociedade dixital e nos últimos anos o número de persoas conectadas creceu de forma imparable. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, a porcentaxe de vivendas con teléfono móbil é do 96,8 %.
O nivel de penetración de smartphones en Galicia está na media de España, que é o primeiro país de Europa e quinto do mundo (tras Corea do Sur, Australia, Israel e Estados Unidos) en número de teléfonos intelixentes por habitante. O 71 % dos galegos dispoñen dun destes dispositivos, o que equivale a 1.945.000 persoas.


Un 98 % dos mozos de 10 a 14 anos contan xa cun teléfono de última xeración con conexión a Internet. Pero a idade de inicio é moito máis temperá: en España, os nenos de 2 a 3 anos utilizan habitualmente o móbil dos seus pais para manexar aplicacións como xogos ou ver vídeos, e a idade á que piden ter un propio sitúase ao redor dos 10 anos.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 18-12-2016 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal