Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS ACCIDENTES DE PANTÓN
A xornada de onte quedará marcada como unha das máis tráxicas que se rexistraron en moito tempo no sur lucense en canto a accidentes tráfico. Con pouca diferenza de tempo aproximadamente entre as cinco e cuarto e as seis e cuarto da tarde, en dúas estradas do municipio de Pantón producíronse outros tantos accidentes nos que faleceron un bebé de pouco máis dun mes de idade e un veciño do municipio de Sober de 67 anos, mentres que o pai do neno resultaba ferido de gravidade. Pouco antes destes sinistros mortais en Monforte produciuse outro accidente de tráfico que a pesar da súa aparatosidade tivo unhas consecuencias moito menos graves.
Este outro suceso rexistrouse preto dunha hora e media antes do primeiro dos accidentes de Pantón, cara ao catro menos cuarto da tarde. Ocorreu no corredor de Monforte a Chantada, onde un turismo conducido por unha muller chocou contra un tráiler. O primeiro dos vehículos sufriu importantes desfeitos aínda que a súa condutora resultou ferida leve. Pouco despois do accidente foi trasladada ao hospital para recibir atención médica.
O condutor do camión resultou ileso, pero o vehículo saíuse en parte da calzada e a súa cabina foi a chocar cun terraplén. A consecuencia do impacto, o vehículo formou unha tesoira, ocupando a maior parte do firme e pechando o paso a outros vehículos. A circulación tivo que quedar cortada ata que se puido retirar o tráiler. Aínda que, en ningún momento foi preciso interromper o tránsito nin na N-120 nin no corredor de Chantada.


Ana Ramos Gallego 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2016 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal