Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un neno salva á súa familia grazas á súa habilidade con PlayStation
Un mozo de 13 anos salvou a vida aos seus pais cando varios ladróns entraron na súa casa.

Espectacular caso o que viviu unha familia arxentina e que puido terminar en traxedia se non chega a ser pola valentía dun neno de 13 anos. Tal e como relatou o pai á cadea C5N, a familia atopábase no salón do seu fogar vendo tranquilamente a televisión, cando uns un total de 6 persoas armadas irromperon na casa.

Os ladróns esixiron aos pais que lles fose entregado todo o diñeiro. Ante a negativa destes, un dos criminais non dubidou en golpear á nai. Foi entón cando a situación púxose tensa, dando lugar así ao acontecemento que faría converterse ao neno en todo un heroe.

O fiscal Moreno Pedro Marchetti, relataba así o feito á Radio A Rede.
Luca - o neno de 13 anos - enfrontouse a unha situación inesperada e reaccionou. É un exemplo claro de defensa lexítima, non de tomar a xustiza polas súas propias mans. O caso será desestimado?; comentaba.

Que ocorreu exactamente no curto período de tempo que estiveron os ladróns en casa da familia Salinas-Leguizamón? O neno de 13 anos ao ver que un dos ladróns golpeaba á súa nai, correu á habitación do seu pai co fin de recoller a arma que este tiña escondida. Ao volver, Luca non dubidou en abrir fogo contra un deles.

Marcelo Salinas, pai do mozo explicou a situación para a televisión arxentina. Sabía onde se gardaba a arma, pero non se lle permitiu nunca tocala. Non sabía como usala, pero si ten moita experiencia e habilidade en videoxogos de disparos en PlayStation. Non ten maior ciencia: agar
rou a pistola, apuntou e apretou o gatillo.

O pai de Luca engadiu que despois de que o mozo disparase, os ladróns fuxiron despavoridos ao ver o cadáver do seu compañeiro. Estaban moi preparados, se non dispararon foi porque non querían. Correron para non causar un desastre. A familia pide agora unha indemnización coa que poder vivir noutra zona: Os meus fillos viron un home morto, o certo é que non é algo fácil de esquecer e moito menos vivir alí.

En último lugar, o fiscal Moreno sinalou que a situación ?era de extrema gravidade. O raparigo derrubouse cando viu que estaban a atacar á súa nai. Non se pode dicir que tivese intención de matar ou non.



Lucía López Álvarez 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 18-12-2016 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal