Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Material de Deus
O grafeno é unha substancia formada por carbono puro, con átomos dispostos nun patrón regular hexagonal similar ó grafito, pero nunha folla dun átomo de espesor. É moi lixeiro, unha lámina de 1 metro cadrado pesa tan só 0,77 miligramos.
É un alótropo do carbono, un teselado hexagonal plano (como panal de abella) formado por átomos de carbono e ligazóns covalentes que se xeneran a partir da superposición dos híbridos sp2 dos carbonos enlazados.
De todas as variedades do carbono este último, o grafeno, é o gran protagonista polas súas calidades de uso. Por iso gañouse o sobrenome do material de Deus. Ten unha resistencia 200 veces superior á do aceiro e é seis veces máis lixeiro, sendo un dos materiais máis fortes e resistentes que se coñecen, a súa dureza sobreponse mesmo á do diamante, tamén posúe unha elevada condutividade térmica e eléctrica, é dicir, unha gran facultade de albergar calor e permitir o paso da electricidade.
Alba 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-11-2016 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal