Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Dicionario da Real Academia Galega estrea melloras
A Real Academia Galega presentou na primavera de 2012 o seu Dicionario electrónico, un instrumento imprescindible para calquera persoa interesada na lingua galega tanto a nivel usuario como profesional. Proba diso é que este recurso, que establece a norma para o noso idioma no referente ao léxico e ofrece a posibilidade de consultar cerca de 60.000 entradas, recibe cada mes máis de 1.050.000.
O Dicionario concibiuse como un proxecto vivo, tanto na parte lingüística como na tecnolóxica, en constante actualización co apoio da Fundación Barrié. Catro anos e medio despois, esta ferramenta, accesible a través de academia.gal, dá un paso máis e estrea a súa cuarta versión, cunha nova interface con melloras substanciais para un uso máis personalizado e interactivo.
Desde o pasado día 16, os usuarios que accedan ao Dicionario a través da páxina web da Academia poderán expoñer directamente dúbidas arredor dun termo ou propoñer actualizacións ao Seminario de Lexicografía da RAG premendo o botón "Axúdanos a mellorar", visible ao final de cada busca dunha palabra. Esta utilidade xa fora estreada no Portal das Palabras o pasado mes de xuño e agora daralles tamén voz ás persoas que acceden ao Dicionario a través de academia.gal.
Outra importante mellora é a posibilidade de que cada persoa adapte o Dicionario ás súas preferencias en determinados aspectos.
Deste xeito, poderase configurar para desactivar o texto preditivo nas buscas, eliminar os exemplos ou visualizar as categorías gramaticais en forma abreviada. As últimas actualizacións deixan ademais a porta aberta a que outras entidades poidan incorporar o Dicionario da RAG ás súas páxinas webs.
A colaboración entre a Academia e a Fundación Barrié fai tamén posible ofrecer aplicacións do Dicionario para móbiles, tanto para Android como para iOS. O Dicionario recibe por esta vía unha media mensual de 66.250 consultas, procedentes duns 12.000 dispositivos.

Lucía Alvarellos Garea, 4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-11-2016 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal