Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un novo triunfo polaco no Instagram sen mostrar o seu rostro.
Unha rapaza de só 20 anos de idade e case cen mil seguidores en Instagram conseguiu ser unha celebridade sen mostrar o seu rostro

Natalia Gutkiewicz é unha moza polaca que con vinte anos roza os cen mil seguidores en Instagram. A moza logrou converterse en toda unha 'instagramer' sen subir nin unha soa foto do seu rostro.

Natalia vive soa co seu can en Varsovia e estuda cinema. Desde que se crease o seu perfil en Instagram fai tres anos, colgou máis de 400 instantáneas deixando entrever o seu rostro, pero non do todo. A moza mostra trazos da súa cara como os seus beizos ou os seus ollos, algo que por separado non permite facerse unha idea de como é ela realmente.

A pesar de ser unha das 'influencer' máis coñecidas de Polonia, nunca lle interesou ser unha persoa recoñecida. Considérase unha mera narradora e por iso as súas fotografías sempre as protagonizan os seus amigos, xa que plasma o que mostran os seus ollos.

Fotografía tras fotografía a moza mantén a incerteza sobre o seu rostro entre os seus seguidores, quen espera á próxima foto para ver se dunha vez despexa o seu rostro.

Isto fixo que Instagram se convertera no seu principal sustento para manterse publicitando no seu perfil diferentes marcas.

Anxela Pérez Fernández, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-11-2016 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal