Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Accidente de tren na India.
Polo menos 95 persoas morreron e 76 resultaron feridas ao descarrilar varios vagóns do tren no que viaxaban no estado de Uttar Pradesh, no norte da India.

O accidente tivo lugar durante a madrugada preto da localidade de Pukhrayan, no distrito de Kanpur, coa morte de polo menos 95 persoas, mentres que 76 atópanse hospitalizadas, moitas delas en estado grave, declarou o inspector xeral da Policía do distrito, Zaki Ahmed.

A fonte policial aclarou que, aínda que o número de feridos é maior, moitos afectados foron dados xa de alta nos hospitais ou sufriron feridas leves, polo que non puido achegar unha cifra total. O portavoz da Forza Nacional de Resposta de Desastres despregada no lugar do sinistro, Anil Shekhawat, aclarou que no sinistro víronse afectados 14 vagóns.

"As causas do accidente aínda non puideron ser determinadas", dixo un portavoz da zona Norte e Central da Rede de Ferrocarrís india, R.D.Bajpayee. O ministro indio de Ferrocarrís, Suresh Prabhu, escribiu na súa conta de Twitter que unidades médicas móbiles trasladáronse de inmediato ao lugar do accidente e os feridos foron levados aos hospitais máis próximos.

"As accións máis contundentes dentro do marco legal serán levadas a cabo contra os responsables do accidente", sentenciou Prabhu, que engadiu que se acha de camiño ao lugar do sinistro para seguir os labores de rescate de preto.

A rede ferroviaria india é, con 65.000 quilómetros de percorrido, a cuarta por lonxitude do mundo, detrás de Estados Unidos, Rusia e China, conta con 1,3 millóns de empregados e 12.500 trens e transporta a diario a uns 23 millóns de pasaxeiros. Segundo un estudo difundido polo Ministerio de Ferrocarrís, o investimento en seguridade resulta clave no sistema ferroviario indio, onde na última década producíronse 1.522 accidentes nos que morreron 2.331 persoas.

Raquel Vázquez Reza, 1ºBACH.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 21-11-2016 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal