Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Oito xabaríns percorren o centro de Cambre escoltados pola Policía Local

Pasaban entre coches, sobre o asfalto, en sentido inverso ao que mandaban a pintura da calzada. Subíanse á beirarrúa camiño dalgunha zona axardinada, para volver despois á estrada. Pero sempre de maneira ordenada e en perfecta fila india. Oito xabarís percorreron así o barrio de Ou Amorne, no municipio de Cambre, na medianoite do xoves, escoltados por unha patrulla da Policía Local. Un dos axentes gravou a escena entre exclamacións de sorpresa -provocadas pola perfecta orde da fila máis que pola propia presenza dos xabarís-, e o fenómeno fíxose viral. O episodio comezou ás once e media da noite, cando a central da Policía comezou a encherse de avisos.«Nunca houbo un risco con eles por posibles ataques ás persoas, pero a situación era especialmente perigosa pola inseguridade viaria», explicou un dos oficiais da Policía de Cambre, que dirixiu aos oito mamíferos cara á zona de presunta procedencia, unha pequena área boscosa no veciño municipio de Oleiros. «Parece ser que accederon por unha ponte sobre a N-VI», explica o oficial.

Aitana Lanzós Gomez 4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2016 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal