Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Folga contra a LOMCE.


A primeira folga educativa do curso 2016-2017 baleirou onte as aulas dos institutos ourensáns, segundo os datos da Federación de ANPAS de centros públicos de Ourense (FAPA), que cifran nun 98% o paro estudantil en Bacharelato. A mobilización vén promovida polo rexeitamento á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (Lomce) e a implantación este ano das avaliacións externas, bautizadas como reválidas, en 4º da ESO e 2º de Bacharelato. "Estamos enormementes satisfeitos polo éxito desta convocatoria. As familias volveron a expresar ou seu rexeitamento ás reválidas, á Lomce e ós recortes na Educación", destacou o presidente de FAPA Ourense, José Antonio Álvarez Caride.
"En Bacharelato a incidencia foi do 100% e en 3º e 4º da ESO do 95%", destacan. A xornada de folga contra as probas de reválida e a LOMCE paralizou tamén a actividade docente no IES Branco Amor, situado no barrio da Ponte. "Houbo actividade normal en 1º e 2º dá ESO mentres en 3º e 4º dá ESO e Bacharelato non houbo clase. Non veu ninguén", indican desde dirección.
En canto ás avaliacións de ESO e Bacharelato, a portavoz do Sindicato de Estudantes, destacou que os profesores están totalmente desorientados sobre o temario que vai entrar nas probas que contempla a Lomce.

Sara González Belloso 4ºE.S.O. - B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 31-10-2016 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal