Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O OSO POLAR MÁIS TRISTE DO MUNDO”
En china pagan uns 600 dólares diarios por un canguro, 150 por unha llama o 90 por un camelo. Calquera animal salvaxe está en aluguer en China para exhibilo nun centro comercial, é a última moda neste país para atraer clientes.
O oso polar “Pizza” móvese dun lado a outro polo pequeno espazo no que permanece, non ten acceso á luz do día e a o aire puro.
Din que o oso polar “pizza” chora, pero os visitantes que pasean polo centro comercial de Cantón (sur) onde está pechado non parecen decatarse, móvese constantemente dun lado para outro polo escaso espazo no que permanece, sin ver a luz do día e sen respirar aire puro, mentres os nenos berran dende o outro lado do cristal e os adultos fotografan deseguido
As organizacións en defensa dos animais ao decatarse do caso, xa recolleron mais dun millón de sinaturas para poder salvar ao oso pizza do seu terrible cativerio.
En China é habitual atoparse cun dos miles de xigantescos centros comerciais, que ante o incremento da venta online, para atraer a presenza de potenciais clientes, empregan animais de todo tipo como reclamo. Canto mais exóticos mellor. Ata o de agora era relativamente habitual atopalos en hoteis e restaurantes, pero ao ver que era eficaz, os centros comerciais non dubidaron en sumarse á “moda”
O oso polar “pizza” non é un caso illado. En xaneiro en Xinjiang montaron un circo con leóns e tigres nas tendas de luxo e restaurantes. En Agosto un centro comercial de Pekin empregaba un enorme elefante para entregar os terminais aos clientes.
En China non existe ningunha lei de protección de animais dende 1930, e a actual ten moitas eivas e so prohibe o emprego de certos animais salvaxes. Algunhas localidades crean lexislación propia, pero insuficiente e sen indicios de pronta solución. Polo tanto é de esperar que pronto “pizza” este acompañado de tigres brancos e osos panda
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal