Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ESTUDIANTES OURENSÁNS A FAVOR DA FOLGA
O 26 de outubro foi o primeiro día de folga educativa do curso 2016-2017. A mobilización vén promovida polo rexeitamento á Lei Orgánica para a mellora da Calidade Educativa (Lomce) e a implantación das reválidas en 4º da ESO e 2º de Bacharelato.
As familias consideran que estas probas buscan que só unha minoría chegue á Universidade,e que nin tan sequera foron desenvolvidas a tempo para que o alumnado saiba de que se lle examinará, nin para que o profesorado saiba como axudar.
O seguimento da folga, segundo os datos da Federación de ANPAS cifra nun 98% o paro estudantil en Bacharelato e en Secundaria un 90%.
A xornada de folga continuou pola tarde cunha concentración da Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público nos xardíns de Pai Feijóo e diante da Subdelegación de Goberno. Dita convocatoria celebrouse de forma simultánea en toda Galicia.



ALBA LOSADA ÁLVAREZ
4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal