Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense: un plan perfecto para este outono
O Concello de Ourense presentou o paso 23 de outubro na Casa de Galicia en Madrid a súa campaña turística "Ourense, un plan perfecto", coa que pretende situar á cidade como destino de referencia nas próximas semanas. A iniciativa inclúe un vídeo promocional e un acordo de colaboración con Renfe para abaratar nun 30% os billetes de tren entre Madrid e Ourense do 27 de outubro ao 9 de noviembre.
A delegación ourensá estivo composta polo alcalde da cidade, Jesús Vázquez,e o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar. Ámbolos dous estuvieron acompañados polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e Mariano Santiso, en representación de Renfe. O rexidor explicou a campaña, que engloba accións promocionais do Festival de Cine, Concurso de Pinchos, Samaín, Magostos e recursos termais, patrimoniais, culturais e comerciais.
Vázquez puxo en valor o termalismo como "gran tesoro" de Ourense, xa que ainda que non sexamos una cidade costeira, temos un océano de auga quente baixo os nosos pés. Esa riqueza pobla as nosasas riberas do Miño en forma de termas, que deixan maravillados a todos aqueles que nos visitan. Tamén puxo en valor a identidade, que se deixa ver, por exemplo, no Magosto.
Entre outras cosas, o alcalde ourensá lembrou a celebración do Festival de Cine Internacional de Ourense, con un total de 73 proxeccións ao longo de 109 sesións distintas, o concurso de pinchos "Sabores de Ourense" de outono, que alcanza este ano a súa novena edición.
Por todas estas razóns, e porque Ourense é unha cidade sorprendente, con un carácter amable, hospitalario e cheo de vida, foi polo que o Concello presentou 'Ourense un plan perfecto’ nesta época do ano.
Ademais, o alcalde lembrou na presentación celebrada en Madrid a cercanía da Ribeira Sacra á cidade ou as actividades culturais que se celebrarán, como o Outono Fotográfico, o proxecto "Prego, 100 años", dedicado a un dos artistas ourensás más importantes, Manuel Prego de Oliver.



Lucía Alvarellos Garea, 4º B, ESO.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal