Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Garda Civil segue a pista do fugitivo portugués acusado de asasinar a un axente en Portugal
A Garda Civil segue a pista, en Ourense, ao fugitivo portugués que fuxiu tras asasinar, presuntamente, a un axente dese país, e a un condutor ao que asaltou para roubarlle o vehículo.

Pedro Joao Piñeiro, o presunto asasino portugués fuxido, podería estar no noso país. Búscaselle desde o 11 de outubro, día en que, segundo sospeita a policía, matou a un garda luso e a outra persoa á que lle roubou o coche a 90 quilómetros da fronteira con Salamanca.

Varias testemuñas sitúanlle en Ourense, concretamente na poboación de Sandiás. O fugitivo entraría para tomar un refresco e un bocadillo nun bar, e marchouse antes de que lle servisen a comida.

Os pasos fronteirizos están vixiados desde os días posteriores aos feitos aínda que non se sabe se entrou en territorio español.

Trátase dunha persoa cunha ampla formación militar e as autoridades cren que podería sobrevivir en condicións extremas. Búscaselle tamén en bosques e pistas forestais.


Lucía López Álvarez 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-10-2016 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal