Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha agresiva planta invasora
O plumero da pampa, unha das plantas invasoras máis agresivas e daniñas que crecen en Galicia, fixo acto de presenza na serra de O Courel. Por agora trátase ao parecer dunha soa mata, pero aínda así constitúe un serio risco para o medio ambiente da zona. A planta está a crecer xunto a un tanque de auga para uso dos servizos antiincendios que foi construído en tempos recentes pola Xunta nas proximidades de Folgoso. A mata atópase no bordo dun tramo da antiga estrada que une a capital do municipio con Quiroga, que agora serve como área de descanso. A alcaldesa Dores Castro sinala que o plumero da pampa non foi plantado polo persoal municipal e non lle consta que o fixese tampouco outra institución. A planta crece sobre unha lamia de automóbil coma se alguén a aproveitou a modo de maceta.

Alba Osorio Míguez 4º ESO A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-10-2016 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal