Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dylan confirma que irá recoller o Nobel...se ten tempo.
A saga entre a academia sueca e Bob Dylan, chega ao seu final. O xornal inglés “The Telegraph” publicou unha entrevista coa que o cantante e recente gañador do premio Nobel de literatura 2016. No texto, Dylan confirmou que “era un honor” e sentíase eloxiado por recibir un galardón nunha categoría que moitos consideran que non é a que mellor o representa. “É difícil procesar unha nova así”, recoñeceu, intentando explicar o seu longo silencio despois de coñecerse o veredicto.
Fai unha semana, o comité do Nobel decidiu deixar de insistir en comunicarse co cantante de Minessota. A portavoz da organización comunicoulle aos medios que “confiaban” en que o gañador se presentara na cerimonia de entrega en decembro. Tradicionalmente, os gañadores de Literatura dan un discurso. Algúns xornalistas cren que quizais Dylan, de aceptar o premio, sustituiría o discurso por un breve concerto.

Dylan dixo na entrevista que aceptaba o premio con gusto. Segundo o medio británico, o artista mostrouse afable cando se lle cuestionou sobre o premio. O último gañador, en rexeitar o Nobel foi Jean Paul-Sartre. A inexistente reacción de Dylan fixera pensar que el se convertería no seguinte.
De feito, dérase a coñecer a información de que Bob aceptaría o próximo galardón das Letras a nivel mundial e doaría o diñeiro que ven co recoñecemento (pouco máis dun millón de dólares) á causa palestina. O xesto, ademais de simbólico, sería un momento importante na historia do conflito do Medio Oriente, porque Dylan é xudío.

Pero Dylan sempre é coherente consigo mesmo. Ou polo menos, coa imaxe pública que se mitificou co paso dos anos. É por iso que, incluso ao confirmar que acepta o Nobel. Deixou aberta a porta a calquera cousa. “irei a recollelo…na medida do posible”.

Se Dylan ten tempo, verémolo o próximo decembro xunto ao rei de Suecia e as autoridades da Academia, entre eles algúns que o calificaron de “arrogante” por non aceptar o premio de inmediato.
Pero con Dylan o destino é sempre incerto. A revolución musical de metade do século XX iniciouse aquela noite de 1965 onde o cantante, nese momento na cima da popularidade coas súas cancións protesta, decidiu enchufar a guitarra e pasarse ao rock.

O mundo da música nunca volveu ser o mesmo. Dylan tampouco.










Candela Fernández del Pon, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2016 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal