Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As denuncias por violencia de xénero aumentaron un 13,4% no segundo trimestre deste ano.
Os xulgados españois recibiron no segundo trimestre deste ano 36.319 denuncias por violencia de xénero, o que supón un incremento do 13,4% respecto ao mesmo período de 2015, co que un total de 33.593 mulleres figuran como vítimas nas estatísticas do Observatorio de Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. As condenas por este delito tamén aumentaron.

No segundo trimestre deste ano presentáronse 36.319 denuncias, mentres que no mesmo lapso de 2015 fixéronse 32.023 denuncias. Case un 70% destas foron presentadas pola propia vítima, directamente no xulgado ou a través de atestados policiais. As denuncias por intervención directa da policía sitúanse no 16,48% dos casos.
As solicitudes de ordes de protección eleváronse a 10.845, o que significa un incremento do 3,74% respecto das presentadas entre abril e xuño do ano pasado. Nun 52% dos casos, a relación de parella (cónxuxe ou relación afectiva) mantíñase no momento da solicitude da orde de protección. Un 2% das mulleres vítimas que solicitaron orde de protección foron menores de idade.

Durante o segundo trimestre de 2016, os órganos xudiciais españois ditaron un total de 12.162 sentenzas penais no ámbito da violencia de xénero, das que o 64,4% (7.836) foron condenatorias, o que supón un incremento de dous puntos respecto das sentenzas condenatorias ditadas no mesmo trimestre de 2015, que representaron un 62,4% do total das ditadas.

As denuncias por violencia de xénero aumentaron un 13,4% no segundo trimestre deste ano
A presidenta do observatorio, Ángeles Carmona, destacou "o aumento das condenas aos maltratadores , polo que ten de valor en si mesmo e pola mensaxe ejemplarizante que desprende: non hai impunidade para a violencia machista".

A estatística xudicial tamén reflicte incrementos nas medidas de suspensión de garda e custodia do 236% e do réxime de visitas adoptadas polos órganos xudiciais do 65%, como consecuencia das reformas legais que inclúen aos menores como vítimas de violencia de xénero.









Lucía gómez Cibeira, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2016 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal