Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O sur de España se desertizará se non se reducen as emisións.
Un terzo de España será tan árido como o é hoxe o deserto de Tabernas, en Almería, se non se reducen as emisións de CO2. Non se trata dunha maldición bíblica senón das conclusións dun recente estudo sobre o impacto do cambio climático na conca mediterránea. Unhas paisaxes que apenas cambiaron en 10.000 anos, veranse alterados no que dura unha vida humana.

"Aínda que se cumpran os obxectivos do acordo de París, as paisaxes mediterráneas cambiarán, os biomas máis secos avanzarán cara ao norte", di o investigador do Centro Europeo de Investigación e de Ensino de Geociencias Ambientais (CEREGE), o francés Joel Guiot.

Guiot ha modelado como serán as distintas paisaxes mediterráneas ao acabar o século. No seu traballo, publicado en Science, volveu a confirmar algo xa comprobado en anteriores estudos: a zona mediterránea quéntase máis que a media do planeta. Así, desde inicios da Revolución Industrial, mentres o ascenso térmico global foi de 0,85º, nos países da conca mediterránea ha alcanzado os 1,3º. Só se se baixa dos 1,5º, o Mediterráneo seguiría tal como agora.

Segundo o asinado en París, as emisións de gases de efecto invernadoiro seguirán aumentando ata mediados da década que vén para, en 2030 como máximo, ir reducíndoas ata niveis do século pasado ou, cando non sexa posible, mitigadas con medidas para retirar CO2 da atmosfera.

Se iso non se consegue, o peor escenario proxectado estima unha concentración de CO2 tres veces maior que a actual de 400 partes por millón e un ascenso das temperaturas medias por encima dos 4º.

"Os compromisos de París, se se cumpren, lévannos a unha temperatura próxima aos 3º, iso significan cambios moi notables na nosa contorna", comenta o ecólogo José Manuel Moreno Rodríguez.

" Pero un incremento de temperaturas de 4 graos, sería un cambio brutal, como traer Casabranca a Madrid", engade.





Sara Araújo Sánchez, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2016 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal