Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O misterio do Triángulo das Bermudas.
Investigadores observaron en imaxes de satélite da NASA estrañas nubes hexagonales sobre o 'Triángulo das Bermudas', que poderían explicar a desaparición de avións e buques na zona. Estas nubes oscilan entre os 32 e 88 quilómetros de ancho, e foron descubertas aproximadamente a uns 240 quilómetros da costa de Florida, sobre as Illas Bahamas. O cráter 'do fin do mundo' é parente próximo do Triángulo das Bermudas.

Steve Miller, un meteorólogo especializado en imaxes de satélite da Colorado State University, declarou a Science Channel que a aparencia de bordo recto nunha nube é bastante inusual. "Un non ve normalmente nubes con bordos rectos", asegura Miller. "A maioría do tempo, as nubes son aleatorias en canto á súa distribución."
En calquera caso, os investigadores non cren que sexa un fenómeno insólito, debido a que o equipo tamén examinou formas de nubes similares sobre o Mar do Norte fronte á costa do Reino Unido, asociadas con ventos ao nivel do mar de ata 160 quilómetros por hora, o suficientemente potentes como para crear ondas de máis de 14 metros de altura.

"Estes tipos de formas hexagonales sobre o océano son esencialmente bombas de aire", explicou a Science Channel Randy Cerveny da Universidade de Arizona.

"Están formadas polo que se denomina micro-refachos e xeran explosións de aire que descenden da parte inferior dunha nube, despois golpean o océano e logo crean ondas que ás veces poden ser masivas en tamaño e comezan a interactuar entre si", dixo.

Fai xa seis anos, sinalouse ao gas metano como posible causa deste fenómeno.






Laura Feijoó González, 1ºBach.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-10-2016 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal