Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O multiculturalismo, ferramenta para promover o galego nos centros de ensino
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou en Santiago o programa de dinamización lingüística O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística. Foi a primeira sesión deste ano para formar docentes de equipos de dinamización lingüística de centros de ensino. «Estas actividades tentan achegar novas ideas para que cumpran coa súa función. Nesta ocasión ten como novidade a presenza de Anik Nandi, un sociolingüista bengalí, bo coñecedor da situación da nosa comunidade e do noso idioma, que vai difundir experiencias que se realizan na India e que poden valer para aquí como novas liñas de traballo», explica Valentín García. Outras veces estas xornadas trataron asuntos sobre Rosalía de Castro, ou a gramática galega. «Nesta ocasión imos falar das linguas no mundo. Unha boa medida de apreciar para pór en valor o galego é saber que non estamos sos, que outras linguas como a nosa están na mesma situación, outras peor, e outras tamén mellor», afirma García. O importante, sinalou, é «que as novas xeracións saiban apreciar o valor da diversidade idiomática, á que Galicia contribúe co seu idioma propio». «¿Que nos aporta o bengalí? Que a súa lingua está considerada minoritaria cando ten decenas de millóns de falantes. Na India é unha lingua como en España o galego. Coa diferenza de que ten tantos millóns de falantes como moitas consideradas maioritarias en Europa», acrecenta.

Antía Ramos Gallego, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2016 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal