Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Igrexa española propón 'Holywins' fronte a Halloween e convida ós nenos a disfrazarse de santos
'Holywins' é un xogo de palabras que significa "a santidade vence" e os bispos queren recuperar con esta festa o verdadeiro significado do Día de Todos os Santos que, ao seu xuízo, está "cada vez máis eclipsado pola celebración pagá de Halloween". A festa 'importada' a España continúa gañando adeptos fronte aos defensores da tradicional festividade cristiá.

Polo menos media ducia de dióceses españolas, entre as que se atopan Alcalá de Henares e Xetafe, Toledo, Murcia, Valladolid e Cádiz e Ceuta celebrarán o vindeiro luns 31 de outubro 'Holywins', fronte á celebración pagá de 'Halloween', e convidan os nenos a disfrazarse de santos.

Esta iniciativa naceu en París no ano 2002, e cada ano acoden miles de nenos e novos o 31 de outubro. En España, unha das dioceses pioneiras desta celebración é a de Alcalá de Henares, Madrid, onde se celebrará esta festa por oitavo ano consecutivo, aínda que nos últimos anos tamén se sumaron outras dióceses.

Por iso, fronte aos disfraces dos mortos viventes que enchen as rúas das cidades cada 31 de outubro, cada vez son máis os bispados que se suman á celebración de 'Holywins' para transmitir un mesmo mensaxe: "A vida é fermosa e a súa meta é o Ceo". Concretamente, na dióceses de Alcalá de Henares, onde leva celebrándose Holywins oito anos, invítase ós nenos a acudir á catedral disfrazados do seu santo preferido.Tamén se sumará a esta festa alternativa a Halloween a diocese de Xetafe, tal e como vén facendo desde hai algúns anos.

A partir das 17,30 horas do 31 de outubro, terá lugar unha festa para os nenos. "Disfrázate de santo/santa e goza connosco!", convidan desde a Delegación de Mocidade. O Bispado de Cádiz e Ceuta propón por terceiro ano consecutivo celebrar a véspera da Solemnidade de Todos os Santos coa festa de 'Holywins'. Fontes do Bispado explicaron a que non se trata de prohibir nada e que 'Holywins' "non pretende ser un contra 'Halloween'", senón simplemente unha proposta para quen o queira celebrar. 'Holywins' diríxese a todos os nenos de catequese infantil e confirmación, movementos laicales, confrarías, asociacións apostólicas, aos mozos e ás súas familias.

Para axudar a todas as parroquias a promover esta iniciativa, a Delegación de Mocidade da diocese de Cádiz e Ceuta preparou un material, a modo de proposta, que inclúe unha catequese sobre a chamada universal á santidade e convida os nenos a que vaian disfrazados de santos.

‘’A palabra Halloween é a contracción do inglés All Hallow's Eve, que significa a véspera de Todos os Santos, pero con esta festa búscase afastarse da relixión,

da fe. Nós celebramos a todos aqueles que seguiron a Xesucristo, a cegadora festa de Todos os Santos desborda luz, alegría e esperanza", asegura o bispo de Toledo, Braulio Rodríguez Praza.

Iria Padrón López, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2016 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal