Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha aplicación móbil galega axúdanos a atopar mascotas perdidas
Roberto Pérez Álvarez, máis coñecido como O Reberete, é un artesán de instrumentos de música tradicional en Maside (Ourense) que sorprende emprendendo no sector tecnolóxico da man da consultora especializada Datalawyers e do equipo de desenvolvedores de TheQuizProject, cos que creou sen apoio financeiro externo unha interesante ferramenta para dispositivos móbiles que facilita localizar mascotas perdidas e tamén dar conta das criaturas atopadas.
A aplicación Wizapet estreouse nas últimas semanas na App Store e en Google Play como unha ferramenta colaborativa de publicación de anuncios de mascotas perdidas ou atopadas, de xeito que se atopamos un animal extraviado, podemos publicar un aviso coa localización GPS onde o atopamos, un título, una descrición e unha imaxe, facilitando así que o seu dono saiba que foi da criatura, mentres que se padecemos a desgraza de non poder localizar á nosa mascota, tamén podemos realizar unha operación semellante, pero incluíndo tamén a posibilidade de ofrecer unha recompensa a quen atope ao prezado animal (que poden satisfacerse en liña de xeito seguro a través da plataforma MangoPay, que permite mandar cartos dende tarxetas a contas bancarias).

María Millán Borrajo, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2016 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal