Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Evacúan a cinco persoas tras un incendio nas Lagoas
Cinco persoas foron trasladadas este venres a un centro hospitalario en tres ambulancias do 061 debido ao incendio rexistrado nun piso en Ourense, outras dúas recibiron asistencia no lugar. Segundo informou o CAE 112 Galicia, os afectados trasladados sufriron intoxicacións derivadas da inhalación de fume provocado polo incendio. En concreto, o lume iniciouse no primeiro piso do edificio situado na Rúa das Lagoas sobre as 11,30 horas. Foi un particular o que alertou do incendio ao 112 Galicia. Segundo explicou, na vivenda na que comezou o lume reside unha persoa de avanzada idade. O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou moi rápido aos Bombeiros de Ourense e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local. Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada e dúas asistenciais que trasladaron a cinco afectados ao Hospital Cristal, segundo apuntaron fontes sanitarias. A ambulancia medicalizada evacuou ao hospital a unha persoa, un home de 98 anos. Pola contra, un menor e unha muller de 39 anos recibiron asistencia no lugar.

Nuria Vázquez Gómez, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-10-2016 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal