Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gómez Noya recolle o Premio Princesa como un «verdadeiro campión indiscutible».
O triatleta Javier Gómez Noya recibiu este venres en Oviedo o Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2016 de mans do rei Felipe VI , quen destacou os «férreos principios» cos que o galego construíu a súa figura como deportista de elite e converteuse nun «verdadeiro campión indiscutible».O subcampión olímpico en Londres 2012 e cinco veces campión mundial de tríatlon recolleu a distinción, xunto ao resto de galardoados cos oito premios Princesa de Asturias na cerimonia de entrega presidida polos Reis, celebrada no teatro Campoamor.No seu discurso, don Felipe , que destacou en Gómez Noya o seu «afán constante de superación, espírito de loita, compañeirismo e humildade», apuntou que as adversidades «non puideron» co deportista galego.Foron, ao contrario, segundo engadiu o monarca, un estímulo máis para que chegase a alcanzar as metas máis altas nun deporte que en España creceu nos últimos anos en «boa medida grazas á brillante carreira» de Javier Gómez Noya e aos «desexos de tantos afeccionados de emular os seus triunfos», nun deporte calificable como «total polo incrible esforzo que se realiza».

Para Felipe VI , Javier Gómez Noya é, neste sentido, un atleta cunha fortaleza, non só física, senón tamén anímica, e unha capacidade de resistencia «admirables e non moi frecuentes».Referiuse ao triatleta galego como un «verdadeiro modelo» para todos aqueles que queren chegar todo o máis alto nun deporte e un símbolo do que se alcanza cando as «sas ambicións se constrúen con fortaleza e con ilusión».Con ese espírito «positivo envexable que sempre demostra e axúdalle a superar incluso lesións como a que lle impediu acudir aos Xogos Olímpicos de Río», agregou o monarca, Javier é un «símbolo» dos mellores valores do deporte e un «verdadeiro orgullo» para as súas raíces galegas e para toda España.


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-10-2016 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal