Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Axencia Espacial Europea premia un proxecto vigués para axudar a aterrar drones.
Un proxecto da Escola de Telecomunicacions de Vigo foi galardoado nos 'Galileo Masters', premios convocados pola Axencia Espacial Europea (ESA), o Centro Aeroespacial Alemán (DLR) e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestructuras Dixitais (BMVI), informou hoxe o citado organismo.

A idea de negocio que resultou gañadora do premio ao mellor proxecto rexional consiste nun sistema para axudar a aterrar drones en circunstancias desfavorables, informaron fontes da Zona Franca de Vigo, socio principal para Galicia dos 'Galileo Masters'.

O proxecto, titulado 'GNSS assisted drone landing system', recibirá agora un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, que inclúe a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, estudos de mercado e orientación económica.

A idea de negocio do equipo formado por Manuel García Sánchez e Daniel Gómez Pérez, ambos da escola de enxeñeiros de Telecomunicacions da Universidade de Vigo, consiste nun sistema que axudará a aterrar un avión non tripulado con exactitude e precisión en condicións extremas. Tanto nunha plataforma flotante pequena, coma un barco no mar, ou en condicións de baixa visibilidade, de noite ou en presenza de néboa ou fume.

A intención dos promotores é desenvolver un produto totalmente comercial para que se lance ao mercado a finais de 2018.

O sistema utilizará os sinais transmitidos desde os satélites de navegación GNSS para medir a distancia e a velocidade relativa desde o avión non tripulado ao momento de aterrizaxe e este efectuaríase de forma totalmente autónoma sen necesidade de sistemas de axuda adicionais.


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-10-2016 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal