Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O día do avó, orixe.
Un día moi importante no calendario é o "Día do avó". Considérase que está á altura en importancia do mesmo xeito que o Día do pai ou o Día da nai.

Celébrase o 26 de xullo pero adoita pasarnos desapercibido, basicamente porque se celebra en pleno verán.

O certo é que, segundo o calendario católico, podemos ver que se seleccionou este día porque coincide coa onomástica de Santa Ana e San Xoaquín, os cales serían os pais da Virxe Maria; é dicir, os avós de Xesús. Por iso, non se nos ocorre un mellor día para poder celebrar este día tan importante.

Agora ben, a diferenza doutras datas, é importante saber que esta non é a mesma para todo o mundo. En Polonia, por poñer un exemplo, celébrase o 21 de xaneiro (o día do avoa) e o día 22 de xaneiro O día do avó. En Reino Unido está programado para celebrarse o segundo domingo de setembro, en Chile celébrase o 15 de outubro, en EEUU o primeiro luns de setembro, en Francia en marzo, en México tamén en agosto.

Grazas a artigos como este, podemos estar completamente seguros de que esta data tan especial non vai pasarnos desapercibida.

Anxela Pérez Fernández, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 24-10-2016 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal