Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Diversos colectivos demandan na Coruña unha Lei galega de identidade de xénero.
Ducias de persoas demandaron este domingo na Coruña unha lei galega de identidade de xénero que garanta os dereitos das persoas independentemente da súa diversidade sexual e afectiva. A mobilización, convocada por diversos colectivos LGTB de diferentes cidades galegas, decorreu baixo o lema 'Despatoloxización: unha lei galega de Identidade de Xénero Xa!' e coincidindo co Día Internacional pola despatoloxización da transexualidade. Apoiando o acto estiveron representantes de diferentes axentes políticos, sindicais e sociais, así como deputados como Olalla Rodil (BNG) ou o portavoz de En Marea, Luis Villares.

A reivindicación pide os mesmos dereitos para todas as persoas independentemente da súa diversidade sexual e afectiva logrando un recoñecemento pleno non só no plano simbólico senón tamén real no plano xurídico e tamén saúde.






Candela Fernández del Pon, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2016 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal