Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Científicos circunnavegarán a Antártida por primeira vez.
Un grupo de 50 investigadores de 30 países formarán o primeiro equipo científico en circunnavegar a Antártida nun intento de medir a contaminación e o cambio climático, anunciaron este luns.

O equipo internacional viaxará a bordo do barco científico ruso "Akademik Treshnikov", que partirá de Cidade do Cabo (Sudáfrica) o 20 de decembro e regresará o 18 de marzo de 2017.
Os organizadores da Expedición Circunpolar Antártica (ACE, polas súas siglas en ínguas) esperan intensificar a cooperación para entender mellor o impacto da humanidade no océano Antártico.

"Os investigadores traballarán nunha serie de campos interrelacionados, da bioloxía á climatoloxía, pasando pola oceanografía, polo ben do futuro deste continente", afirmaron os integrantes da expedición nun comunicado.
"É esencial ter unha mellor comprensión da Antártida, non só para a súa preservación, senón para todo o planeta", engadiron.
Os líderes do equipo convocaron o ano pasado a un concurso para elixir os proxectos de investigación, e tras recibir unhas 100 propostas seleccionaron 22.

Un dos proxectos gañadores é dunha institución española, o Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona, e consistirá en estudar e medir os gases e as partículas liberadas polo océano Ártico cara á atmosfera, e descubrir o seu papel nesta última.

Outros proxectos estudarán o efecto da contaminación por plásticos na cadea alimentaria, e cartografiarán a baleas, pingüíns e albatros.

Os científicos tomarán ademais mostras de xeo das profundidades para investigar as condicións do continente xeado antes da revolución Industrial.

ACE é o primeiro proxecto do recentemente creado Swiss Polar Institute (SPI, Instituto polar suízo), unha iniciativa do país europeo para "estreitar as relacións internacionais e a colaboración entre países, así como para espertar o interese pola investigación polar nunha nova xeración de mozos científicos".

A viaxe de dividirá en tres etapas, con paradas de avituallamiento na cidade australiana de Hobarth e na chilena de Punta Areas.




Sara Araújo, Sánchez, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2016 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal