Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A reporteira que cambadelou a uns refuxiados, galardoada cun premio.


Do apupo xeneralizado que recibiu tras a súa acción contra os refuxiados (gravada nun vídeo que se fixo viral) e pola que foi acusada hai unhas semanas de vandalismo, pasou a recibir o recoñecemento pola súa participación como editora no documental Foreign To The Nation, que trata sobre a revolución húngara de 1956, segundo recolle The Financial Times. Hai pouco máis dun ano, as imaxes de Petra Laszlo, que traballaba como cámara para unha televisión cubrindo a chegada masiva de refuxiados, deron a volta ao mundo cando puxo a cambadela a un refuxiado que viaxaba co seu fillo en brazos e fixo que caesen ao chan. O clamor xeral provocou que fose despedida do seu posto de traballo. Finalmente un tribunal húngaro ha rebaixado a imputación de Petra Laszlo a un simple vandalismo, xa que non considera a súa acción como un crime de odio por motivos raciais.

Hai que lembrar que a reporteira mentres «gravaba golpeou a un home na espinilla cun rápido golpe co seu pé dereito e tamén golpeou a unha moza ao redor do xeonllo co seu pé dereito».Petra Laszlo afirmou que sufriu un ataque de pánico e pediu perdón polo ocorrido. Ademais asegurou ao diario Magyar Nemzet que sentía remorsos polo ocorrido. «Estou practicamente en shock polo que fixen e o que se me fixo», afirmou. «Non son unha persoa sen corazón ou racista (...) son unha muller, unha nai de nenos pequenos, que desde entón perdeu o seu emprego e que tomou unha mala decisión en pánico», engadiu, segundo recolle Europa Press.






José Javier Nieto Blanco, 1ºBach.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2016 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal