Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Deteriodo da pasarela de Outariz.
A pasarela peonil de Outariz faise maior a pasos axigantados. Dez anos despois da súa inauguración o óxido, as pintadas e a deterioración campan ás súas anchas ante a falta de actuación por parte das administracións públicas. Non se trata dunha infraestrutura calquera. Convértese na porta de entrada para decenas de termalistas que cada día acoden á zona termal de Outariz ou simplemente percorren a senda peonil das ribeiras do río Miño.
O motivo do crecente estado de abandono da instalación peonil está nun baleiro de poder. Ninguén quere facerse cargo do seu mantemento. Financiada polo Goberno central, a pasarela de Outariz inaugurouse no ano 2006 co traspaso da infraestrutura pendente ao Concello de Ourense. Dez anos e catro gobernos municipais despois o trámite burocrático segue no mesmo estado.
Á espera de que haxa movementos nos despachos, os termalistas e turistas que a diario visitan a zona atópanse cun cartón de visita que nada ten que ver cun escenario idílico en pleno corazón termal.

Alba Osorio Míguez 4ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2016 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal