Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un neno diabético, tratado como un terrorista polo persoal da Torre Eiffel
A ameaza terrorista que está a invadir as grandes cidades de temor e medo fai que ás veces se produzan situacións incomprensibles noutra época pasada. O último exemplo tivo como protagonista a un mozo de 14 anos chamado Samuel, o cal quedou coas ganas de subir xunto á súa nai á torre Eiffel.

As forzas de seguridade que custodian a subida ao emblemático monumento parisiense non lles permitiron a entrada por considerar sospeitosa a bomba de insulina que portaba o mozo. Sofre Diabetes Tipo 1 polo que necesita de varias picadas de insulina cada día para poder levar unha vida normal.

A pesar de que o pai lle informou ao equipo de seguridade acerca da enfermidade mediante un carné especial que identifica a cada paciente, o adolescente non tivo a oportunidade de ver todo París desde as alturas. A nai, indignada pola situación, decidiu contalo a un diario local, o cal puido viralizar esta denuncia a través das redes sociais e do medio informativo.





Lucía López Álvarez 4º A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2016 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal