Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Coa súa mascota ata a tumba

A perda dunha mascota nunca é fácil. Son un membro máis da familia. E á pena de perder a un ser querido súmaselle moitas veces a dificultade de atopar un lugar para que repouse en paz, por todas as trabas burocráticas. Os neoiorquinos adoran aos animais. A partir de agora poderán levar legalmente ao seu can ou ao gato á tumba, para que lles sigan facendo compañía durante toda a eternidade.
O gobernador do Estado de Nova York, Andrew Cuomo, asinou esta semana unha lexislación reclamada durante anos. Os restos das mascotas poderán ser incinerados e enterrados cos seus donos nos preto de 1.900 cemiterios sen ánimo de lucro que operan seguindo as normas que se ditan desde Albany. O obxectivo é darlles cemiterios a opción de ?honrar o último desexo dos amantes dos animais?.
As estatísticas revelan que seis de cada dez fogares en EE UU teñen polo menos unha mascota. Na cidade de Nova York a poboación de animais de compañía supera os 1,1 millóns, entre un total de 8,5 millóns de humanos. Así que partir de agora non será estraño ler nas lápidas ou nos nichos nomees dun terrier ou un bulldog chamado Max, Maxie, Macflower, Maxamilion ou Maximus. Ou Bela, o segundo máis popular, xunto a Charlie, Lola, Rocky, Coco ou Lucy.
Desde animais de compañía ata cans retirados do servizo militar, esta nova lexislación recoñece a relación especial que existe entre os neoiorquinos e as súas mascotas?, sinala George Webster, presidente da asociación de cemiterios de Nova York. Deixa claro, iso si, que a nova regulación hai que entendela como unha opción que ten os residentes, non como un requirimento. Webster explica que cada vez máis familias preséntanse cos restos incinerados de mascotas, solicitando a posibilidade de que poidan repousar cos seus antigos donos. É o que pasou á multimillonaria Leoa Helmsley. Ela faleceu en 2007. O seu can Trouble fíxoo catro anos despois, tras deixarlle 12 millóns de dólares de herdanza. Agora poderá telo no mausoleo familiar en Sleepy Hollow.
A lexislación estaba desfasada?, engade Webster. É tamén unha nova vía de ingresos para os cemiterios que ofrezan este servizo ás familias, que deberán definir o custo de calquera modificación nas tumbas ou os nichos. Ata agora só Florida, Nova Jersey, Pensilvania e Virginia permitían enterrar a humanos e mascotas no mesmo cemiterio, con certas restricións.Hai tres anos que Nova York permitiu que os cemiterios privados de mascotas aceptasen que as cinzas humanas puidesen estar xunto á dos seus animais. E tamén desde o ano pasado, os donos poden levar aos seus cans ás terrazas dos restaurantes. Os cemiterios propiedade ou xestionados por asociacións ou sociedades relixiosas están excluídos da normativa.

Elizabeth Flores
2º da ESO
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2016 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal