Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Margarita Ledo, premio Ramón Piñeiro, Facer País


O compromiso de Margarita Ledo “na súa actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta” valeulle á catedrática da USC o XV premio Ramón Piñeiro, Facer País, que tamén recoñece ter sido “partícipe fundamental no proceso de dignificación e renovación dos valores propios da cultura galega, con especial atención á presenza da lingua nos novos medios de comunicación”.
O xurado tamén salientou o compromiso de Margarita Ledo coa emigración e coa defensa dos valores da liberdade, así como a favor da dignificación das mulleres.
Margarita Ledo, que se atopa en Cabo Verde, onde ten lugar o congreso Lusocom, recollerá o premio na primeira quincena de novembro. En declaracións á Cadena Ser, admitiu que se sente identificada “con este facer país, que é máis urxente que nunca en Galiza”.
Ricardo Tornero Belloso
2º da ESO
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-10-2016 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal