Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un crowdfunding para curar o cancro de óso a unha nena de 11 anos.

María ten 11 anos e un agresivo cancro de óso nun lugar de difícil acceso, polo que o seu tratamento require unha complexa e custosa cirurxía. Ela e os seus pais entraron por urxencias ao hospital e o diagnóstico chegou unha semana despois: o prognóstico do sarcoma óseo empeoraba ao estar localizado na pelvis.

A súa familia atopou a única oportunidade para que a nena superase o cancro. Na Clínica Universidade de Navarra empezaron un tratamento curativo, para que María “siga tocando o violín, escribindo contos, devorando libros e observando aves”.

Para financiar unha parte do custoso proceso, o seu pai escribiu o libro 'Contra a desolación'.
Todo o recadado, grazas á implicación desinteresada dun grupo de amigos, do editorial Círculo de Xiz e dos fotógrafos que cederon a súa obra (como Alberto García-Alix, Isabel Muñoz, Joan Fontcuberta e Juan Manuel Castro Prieto, entre outros moitos), servirá para sufragar parte do tratamento a través da campaña de 'crowfunding' #vidaparamaria.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2016 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal