Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Denuncian a un profesor de autoescola por conducir drogado e a velocidade excesiva.



A Garda Civil de Tráfico denunciou a un profesor de autoescola por conducir baixo os efectos de sustancias estupefacientes e a unha velocidade excesiva en Salvaterra de Miño, informaron fontes do instituto armado.
O monitor, que viaxaba só, foi cazado nun control de velocidade instalado no quilómetro 4 da estrada PO-403, ao seu paso por Fornelos da Riveira, municipio de Salvaterra.

O radar detectou a un turismo de autoescola circulando a 76 km por hora nun tramo limitado a 50, e cando foi interceptado, os axentes percibiron un forte cheiro a estupefacientes a pesar de que levaba todos os portelos abertos. O condutor, a quen interviñeron unha pequena cantidade de marihuana, deu positivo en cocaína e THC, principio activo do cannabis.

Ester Barreira Cartelle. 4ºESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2016 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal