Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Comeza a construción da nova planta de compostaxe de Sogama, que estará operativa o próximo verán
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, desprazouse o pasado mércores 19 de outubro, ao vertedoiro de residuos non perigosos de Sogama en Cerceda (A Coruña) para proceder á colocación da primeira pedra da futura planta de compostaxe industrial que a compañía pública levantará neste emprazamento, e que previsiblemente estará operativa o próximo verán.
Esta instalación procesará a materia orgánica procedente de grandes xeradores tales como mercados, centros comerciais, restaurantes e hospitais, entre outros.
O obxectivo último é que a instalación produza un compost de calidade que cumpra con todos os requisitos establecidos pola normativa vixente e que poderá ser aplicado ao solo sen restricións, “servindo como un excelente abono para a terra”, subliñou Mato.
Seguindo a premisa de “converter os residuos en recursos” e coa pretensión de propiciar a máxima recuperación dos materiais contidos no lixo, previamente clasificaranse os materiais susceptibles de ser reciclados –como metais ou plásticos-, que serán remitidos á industria da reciclaxe para posibilitar a súa transformación en novos produtos. Deste xeito, preténdese poñer en valor o conxunto dos residuos, ben mediante a súa reciclaxe ou ben mediante a súa compostaxe.
Separados os elementos susceptibles de ser reciclados, nunha primeira fase a materia orgánica introdúcese en pilas cerradas con inxeccións de aire durante un período de entre 6 e 8 semanas a fin de que esta fermente e comece a transformarse en “compost primario”. Posteriormente, trasládase a outras pilas diferentes con volteo e axitación de aire, introducíndose así na fase de maduración, que dura entre 6 e 10 semanas. O circuíto conclúe na fase final, na que se retiran as partículas pesadas e outros elementos impropios, acondicionando tres tipos de material: o refugallo, que non é compost, e que se valorizará material e/ou enerxeticamente; un compost de nivel 1, que é o groso; e un compost de nivel óptimo, que é o fino. Ambos compost pódense aplicar nos solos para aportarlles nutrientes e mellorar a súa estrutura.


Beatriz Mato coloca a primeira pedra da futura planta de compostaxe industrial en Cerceda

Lucía Alvarellos Garea
4ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2016 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal