Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OURENSE APOIA O CANCRO DE MAMA
O día 19 de outubro, Día Mundial do cancro de mama, Ourense participa en diversos actos. Un deles unha carpa informativa baixo a lema “Facemos visible o noso apoio contra o cancro de mama” situada na rúa do Paseo, onde se recolleron donativos que irán destinados a axudar na loita e a investigación desta enfermidade. Con ela preténdese informar aos habitantes sobre a importancia de detectar a tempo os síntomas. Dita carpa contou coa visita dos xogadores do Ourense Fútbol sala, do Club Ourense Baloncesto e do Campus Ourense Rugby.
Outro dos actos importantes foi na praza Concepción Arenal, onde a auga tinguiuse por un día de rosa, cor que simboliza esta loita.
A Asociación Española contra o cancro e o centro comercial aberto pon á venda 1.000 pares de lentes para apoiar a causa por valor de 5 euros. Participarán 200 comercios.
Na provincia de Ourense, son detectados cada ano máis de 200 casos.

ALBA LOSADA ÁLVAREZ
4º B ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-10-2016 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal