Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Daesh obriga a familias enteiras a desprazarse a Mosul para ser utilizados como escudos humanos
A ONU denuncia que unhas 500 familias da periferia da cidade están a ser situadas xunto a postos de mando ou de comunicacións dos yihadistas. Estes seguen queimando instalacións petroleiras para obstaculizar os bombardeos aéreos, aínda que a coalición internacional asegura destruír importantes almacéns de armamento.
A Oficina de Dereitos Humanos da ONU indicou que verificou informacións relacionadas co traslado de máis de cincocentas familias desde dúas áreas periféricas, forzados polos yihadistas. "Confirmamos a través de distintas fontes que Daesh está a obrigar á xente para abandonar os seus fogares para ir a Mosul", sinalou a portavoz Ravina Shamdasani.
Unha vez en Mosul, os civís son situados "preto das oficinas de Daesh e dos lugares onde operan para que lles sirvan como escudos humanos", mentres aos que están na cidade impídeselles saír dela, agregou. A entidade urxiu ás autoridades iraquís situar a protección dos civís como unha prioridade do seu plan militar para recuperar o control de Mosul.
A ONU recomendou que o procedemento para verificar ás identidades dos civís que conseguen saír de Mosul, para evitar que entre eles se filtren membros de Daesh, estea exclusivamente en mans de entidades competentes, como militares e policías. Ademais, recibíronse denuncias sobre a detención de menores de idade, a partir dos quince anos, porque se teme que poidan ser adoutrinados polo grupo terrorista e sexan capaces de perpetrar algún atentado. A ONU esixiu ás autoridades iraquís que "se lles trate como nenos e non como combatentes".
Shamdasani dixo tamén que se recibiu información sobre a recente execución de corenta persoas a mans de milicianos de Daesh, pero carécese de detalles sobre a identidade das vítimas ou as causas polas que serían asasinados.
Neste contexto, a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) informou que o número de desprazados de Mosul aínda é limitado, con 3.900 persoas rexistradas, as que abandonaron a cidade e chegaron a distritos da o Hamdaniya. A ONU ten preparados seis campamentos de desprazados para acoller a 45.000 persoas e planea abrir once adicionais cunha capacidade total de 120.000 desprazados.

Iria Padrón López, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2016 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal