Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O "Outono" reúne a 304 fotógrafos en 21 vilas galegas
A edición número 34 do "Outono Fotográfico" de Ourense abre as súas portas a tres meses de exposicións cun nexo en común: o lema «Dentro/Fóra». Todas as mostras céntranse en temas como o encadre, a fragmentación da realidade ou a diferenza entre privado e público. A Sección Oficial do certame busca a excelencia a través de autores nacionais e internacionais de recoñecido prestixio, como son Rubi Lebovitch, Júlia Franco, Matías Costa, Alexandra Polina, Víctor Enrich, David Mocha, Nelson Garrido ou Marta Zgierska, aos que se unen os galegos Manuel Sendón, Ana Rello, Xabier Fernández ou Xaquín Rosales. Tamén se reservou nesta sección un apartado para os artistas emerxentes. É o caso de Laura&Lúa que mostrarán a súa obra no parque de San Lázaro de Ourense, onde liberarán algunhas das súas creacións. Na sección Outono Aberto, na que entran o resto de traballos que foron presentados a esta edición e elixidos tras unha criba, destaca a presenza de Ana Gil, João Ferreira, Igor Calvo, Arturo Prieto, Anxo Torres e Régis Amora. Todos seleccionados pola calidade técnica e conceptual das fotografías presentadas.O Outono presenta este ano un total de 92 exposicións -34 delas da sección oficial- cun total de 304 autores. Este ano participan 70 espazos expositivos e as mostras poderanse ver en 25 localidades; delas 21 son vilas de Galicia e catro de Portugal. Ademais da presenza de novos e recoñecidos creadores, o Outono deixa un oco a arquivos fotógrafos xa falecidos, a través da recuperación dalgúns dos seus traballos para que poidan ser vistos polo público. O certame irá abrindo mostras de forma graduada e, aínda que algunha xa se pode ver, a apertura oficial será o día 26. No Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, a fotógrafa Aida Pascual mostrará Arcadia e no Museo Municipal da cidade das Burgas abrirase Renacer de Eva Díez, gañadora do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, na súa terceira edición. Un dato destacable é que o 70 % dos participantes no "Outono Fotográfico" son mulleres.

Antía Ramos Gallego, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2016 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal