Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Desarticulado un grupo criminal que roubou en tres vivendas de Ourense
A Garda Civil desarticulou no marco da operación “Palmirador” un grupo criminal itinerante de cidadáns albaneses e romaneses, asentados en Madrid, tras cometer 28 roubos, 12 deles en Galicia. O Instituto Armado confirmou que do total de roubos en vivendas, seis rexistráronse na provincia da Coruña; dous, na de Lugo; tres, na de Ourense; e un na de Pontevedra. Segundo fontes do Instituto Armado, a operación culminou coa detención de catro persoas (tres homes e unha muller) e outras seis investigadas (catro homes e dúas mulleres máis), de nacionalidade albanesa e romanesa. Dentro dos roubos que cometeran, levaron a cabo un en Grijota (Palencia) nunha vivenda situada nunha urbanización, onde tras forzar unha xanela da cociña, accederon ao interior e apoderáronse de xoias de gran valor e diñeiro en efectivo. En concreto, os asaltantes cometeron roubos en 28 vivendas de 10 provincias, doce en Galicia, un en Asturias, dous en Cantabria e 13 en Castela e León. Así, no marco da “Operación Palmirador” iniciáronse as correspondentes investigacións por parte do Grupo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Palencia. Tras unha exhaustiva análise do “modus operandi”, a Garda Civil determinou que estaba ante un grupo criminal especializado na comisión de roubos en vivendas, cunha gran mobilidade por toda a xeografía española, e con base en Madrid e Torrexón de Ardoz, desde onde se desprazaban para cometer os roubos. As dilixencias instruídas xunto aos detidos e efectos foron postos a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Palencia, e remitiuse copia das actuacións aos xulgados implicados.

Nuria Vázquez Gómez, 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-10-2016 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal